A seguinte clase comezou, coma case todas, cunha actividade de
warm-up na que se traballaban as descricións. Nesta actividade a
clase dividíase en dous grupos e a cada un tocáballe un papel
diferente, que debían intentar describir entre tódolos membros do
grupo. Un deles era un papel reciclado a partires de materia orgánica
e o outro estaba feito dun material diferente á celulosa tamén, de
xeito que esta actividade de warm-up serviríanos para introducir
temas relacionados coa reciclaxe ou o coidado do medio ambiente. A
idea é que as clases deben xirar en torno a un tema, non a unha
destreza (por exemplo, a gramática, que era a que nós máis dabamos
no instituto). A partires dun tema introdúcese vocabulario e
expresións necesarias para cada un, pero para que unha clase sexa
comunicativa o importante é que todo flúa a partires dun tema en
concreto.
A continuación fixemos outro exercicio de warm-up coa información
persoal de todos nós que aportamos na clase anterior. Tratábase de
un crucigrama no que as pistas era a nosa información e as claves,
os nosos nomes. Ao contrario do que se poida pensar, a verdade é que
os alumnos do máster non nos coñecemos todos entre nós, de xeito
que me pareceu unha boa actividade para coñecernos máis.
A seguinte actividade que fixemos estaba tamén moi personalizada:
era unha fotografía na que saía a docente nunha das súas viaxes
familiares. O que foi interesante desta actividade foi que a partires
desa fotografía tiñamos que facer preguntas para intentar recabar a
información que non tiñamos: quen era o resto das persoas que se
atopaban alí, por que, que relación tiñan coa docente...
Pareceunos tan boa idea que a actividade con fotografías que tiñamos
que deseñar en grupos foi moi parecida a esta. Na nosa fotografía
tamén saímos unha compañeira e eu, e a idea é que os alumnos
intenten adiviñar información sobre nós e a imaxe que teñen
diante a partir de preguntas.
As imaxes son recursos moi útiles que podemos utilizar nas aulas. Xa
sexa para actividades coma anterior, para facer descricións ou
comparacións, a verdade é que son moi recorridas para calquera
momento e poden encaixar en calquera tema: basta con buscar fotos
relacionadas co que estemos falando. En clase vimos fotografías de
Dina Goldstein, unha artista que ten imaxes que dan bastante que
falar porque teñen personaxes facilmente recoñecibles, e que nos
permiten plantexar actividades relacionadas con contar a historia
detrás da foto ou poñerlle un título, por exemplo. Algunhas das
súas fotos dan pé a tratar temas que están suxeitos a debate, como
por exemplo, esta:
Tamén hai que ser cautos e cautas co que eliximos para tratar co grupo
clase, tendo sempre coidado de non ferir sensibilidades, de xeito que
é importante que pensemos en tódalas posibilidades e dirixir moito
as actividades cando estemos fronte a material coma este.
Por último, tamén tratamos o lateral
thinking, que nos permite crear moitas actividades
comunicativas co alumnado dun xeito fácil e rápido. Consiste en
explorar posibilidades fóra do común e fai que os aprendices teñan
que utilizar moito a imaxinación. Ás veces, recorrer á esaxeración
e á improvisación, coma neste caso, tamén desenvolve a capacidade
de reacción do alumnado e pode axudalos a "saír do paso"
en situacións reais. Para min dentro desta categoría destacou a
actividade na que cada alumno debía elixir dúas tarxetas e dicir
que faría cos obxectos e os lugares que había escritos en cada
unha. A unha alumna tocoulle, por exemplo "scissors" e
"Sidney", de xeito que como podemos ver, hai un grande
compoñente de capacidade de reacción e imaxinación que pode
resultar divertido de explorar. Aquí tamén incluíamos os xogos do
tipo "never have I ever", que eu tamén utilicei cos meus
alumnos e que permiten coñecer algo máis sobre todos e, se o
profesorado tamén participa, achégase máis ao alumnado.
Estas últimas actividades poderían formar parte tamén do que
coñecemos como 5 minute fillers, que son actividades curtas
dirixidas a momentos nos que nos quedan 5 minutos para rematar a
clase e o alumnado xa está cansado, por exemplo. Paréceme unha
forma moi lúdica de aproveitar todo o tempo de clase de maneira que
non se aburran e sigan practicando e usando o idioma, que a fin de
contas, é un dos obxectivos que perseguimos como docentes.
Moi bo resumo da sesión, xunto cos teus comentarios. No que respecta á habilidade para debuxar, non te preocupes, eu son fatal, pero hai outras formas de superalo. Cada unha ten que explotar as súas habilidades.
ResponderEliminar