Coñecemos
como programación didáctica ao instrumento mediante o cal se
planifica e se concreta o currículo para que o proceso de
ensinanza-aprendizaxe se desenvolva da maneira correcta e secuenciada
nas clases do profesorado do departamento en cuestión. É unha forma
de organizar os contidos, actividades, temporalización... da materia
para cada curso académico. No noso caso, a programación didáctica
da materia Lingua Estranxeira deberá elaborarse, por tanto, coa
participación de tódolos membros do Departamento de Inglés.
Trátase, por tanto, dun documento bastante complexo e que debe ser
redactado en consenso.
A
implantación da LOMCE supuxo un cambio nas redacción das
programacións didácticas, xa que a modificación da lei afectou a
todo. De feito, algúns dos compañeiros realizaron o traballo sobre
a análise dalgunhas programacións de institutos españois, e
segundo o que puidemos comprobar a partir das súas exposicións,
case todas tiñan erros graves de estrutura, de contido, de
organización e de redacción. Isto débese, en parte, a que houbo
moi pouco tempo de adaptación dende que se comezou a implementar a
lei (agosto do 2015) ata que comezaron as clases (setembro do 2015).
E é bastante normal que ocorrese deste xeito, xa que o tempo
apremiaba ante o comezo inminente das clases e a necesidade urxente
de contar con este documento escrito para que o curso se puidese
desenvolver con normalidade.
O que máis
me sorprendeu deste tema é que, a pesar do que contrariamente cremos
cando o vemos de lonxe, ser docente non consiste só en dar clase: a
cantidade de documentos e papeleos que hai que facer é sinxelamente
incrible. Por poñer un exemplo ilustrativo, só para a elaboración
da introdución e a contextualización dunha programación didáctica
de lingua estranxeira hai que consultar os seguintes documentos:
-Marco legal
(BOE, DOG, LOMCE...)
-Proxecto
Educativo de Centro e calquera outro plan ou proxecto do centro (por
exemplo, un plan lector)
-Regulamento
de Réxime Interno
-Proxecto
Lingúístico de Centro
-Marco Común
Europeo
-Plans
educativos do Concello
-Plan de
recursos educativos anteriores e memorias de departamento
-Bibliografía
de didáctica e psicoloxía
-Libros de
texto que se utlizan para dar clase
Unha vez
revisamos todos estes documentos e elaboramos a introdución e a
contextualización, o seguinte paso é a redacción da contribución
ao desenvolvemento das competencias clave, onde se debe explicar a
maneira na que se van traballar e desenvolver en clase. Logo
explicaríanse os obxectivos do curso, así como a temporalización,
os requisitos mínimos de superación da materia, os procedementos de
avaliación, a metodoloxía utlizada e os materiais que se
empregarán. Despois disto habería que explicar os criterios de
avaliación e os indicadores para avaliar o proceso do ensino e a
práctica docente, un apartado moi interesante dende o punto de vista
do docente para saber que funciona nas clases e que non. A
continuación, a organización das actividades e a recuperación de
materias pendentes; e xa por útimo, as medidas de atención á
diversidade, os elementos transversais que se tratarán e a revisión
e modificación da programación didáctica en función dos
resultados obtidos. Os puntos máis importantes, que deben estar
presentes, ben redactados e especificados en calquera programación
didáctica son a metodoloxía, os criterios de avaliación e as
medidas de atención á diversidade, xa que sen estas é imposible
que a materia se poida impartir.
Por último,
unha apreciación que fixen ao ver as presentacións sobre as
programacións didácticas que escolleron os compañeiros é que en
moitos casos, destes tres apartados que comentamos que son tan
importantes, a metodoloxía e as medidas de atención á diversidade
non se especifican demasiado. De todos
xeitos, redactar unha programación didáctica paréceme igual de
necesario ca complicado pola gran cantidade de referencias que debe
incluír e pola necesidade de que os membros do depaartamento deban
chegar a un acordo, tarefa que ás veces pode ser un verdadeiro
desafío.
No hay comentarios:
Publicar un comentario