Na seguinte clase obtivemos moitas ideas de actividades de diferente
tipo e con diversas finalidades. Toda a clase estivo relacionada coa
importancia da comprensión escrita, de xeito que empezamos cunha
actividade moi graciosa: o three minute test. Esta actividade,
máis que estar relacionada coa comprensión, fainos conscientes da
importancia de indicarlles aos alumnos da necesidade de ler
detidamente as actividades, exames... antes de lanzarse a escribir.
Neste caso, a pesares de que o texto daba unha lista moi larga de
instrucións, só era preciso facer caso das dúas primeiras, pero
para sabelo era necesario acabar de ler o texto enteiro e prestarlle
atención.
Un dos problemas máis grandes que teñen é o non prestar atención
ao que len e o escribir antes de ler o que se lles pide. Eu tamén me
sumo a esta afirmación: recordo perfectamente que nun exame de
Historia olvideime de darlle a volta á folla e deixei case a metade
das preguntas sen responder por non ler a primeira páxina, na que
claramente poñía: "Lede as DÚAS páxinas. Podedes facer
preguntas das dúbidas nos primeiros 10 minutos do exame". Por
cousas como estas é moi importante facerlles entender que ás veces
non chegan a facer o que lles pedimos por non leren ben os
enunciados, e que son realmente útiles para realizar as actividades.
Se non fosen precisos, non estarían aí!
Por outra banda, outro dos feitos que pode afectar á comprensión
lectora é o feito de non recoñecer algún termo. En moitas ocasións
ofuscámonos e centrámonos demasiado nunha palabra que non
coñecemos, e parece que xa non sabemos de que vai un texto
simplemente porque non saibamos o significado exacto dunha. Nada máis
lonxe da realidade, o cerebro humano é quen de extraer o significado
por contexto en moitas ocasións. Para demostrar este feito, vimos un
texto en clase no que había varias palabras que estaban inventadas.
Evidentemente, ninguén da clase sabía o que significaban, pero
aínda así, obtivemos todos unha idea xeral do texto e incluso
puidemos responder ás preguntas que se formulaban a continuación.
Un dos cursos onde se fai máis imortante esta actividade é en
segundo de bacharelato, xa que probablemente non vaian entender
tódalas palabras que haxa no exame. Porén, iso non lles vai impedir
aprobalo nin facer ben os exercicios, ó igual que como falantes
nativos tampouco coñecemos tódolos termos do noso idioma e iso non
nos impide comunicarnos! Agora, durante o período de prácticas,
penso levar esta actividade á clase nos segundos de bach., xa que
nas clases sóese notar o agobio e a presión de moitos deles polas
probas pre-universitarias e pode ser unha forma de que se sintan máis
seguros e teñan máis autoestima.
Outras actividades que vimos na clase para a mellora da comprensión
escrita foron os dictados, que xa comentáramos en clases anteriores.
Dentro das actividades deste tipo parecéronme moi útiles, sobre
todo, dúas delas:
-
A primeira consistía en que entregábamos ao alumnado un parágrafo cun texto enteiro ao que previamente lle eliminemos os espacios, comas e calquera outro signo de puntuación. Deste xeito, eles poden indicar onde estar e reconstruílos, de maneira que melloran a súa capacidade de escribir correctamente en inglés. Isto é particularmente imporante, debido a que os alumnos non son conscientes de que o cambio de idioma entraña tamén un cambio na estrutura das oracións e a puntuación. Por exemplo, en inglés as frases son moito máis curtas que en español, de xeito que nós tendemos a utilizar moito máis as pausas dentro da propia oración.
-
A seguinte era unha actividade de listening e reading que permitía mellorar tamén a escrita, xa que consiste en que nun texto substituíamos algunhas palabras por outras que soen practicamente igual ou minimal pairs. Un exemplo que vimos foi o da canción "Everything I do", de Bryan Adams. Nin que dicir ten que se lle pode sacar moito partido ás cancións en clase, xa non só porque resultan atractivas, senón porque permiten facer moitas actividades. Dende facer actividades de comprensión, facer unha interpretación e reflexión do vídeo musical ou da letra da canción, e ata dictados ou exercicios de búsqueda de palabras que teñan o mesmo son, por exemplo. Ademais, cabe resaltar o feito de que cantar as cancións ou lelas en clase serven para mellorar tamén a pronuncia do inglés.
Nesta clase tamen falamos da adquisición do vocabulario. Unha idea
que me pareceu magnífica para traballar o vocabulario é a de levar
unha cartulina plastificada con rotuladores para que poidan escribir
enriba e borrar despois. A razón pola que me parece excelente é
porque é moi dinámica e permite facer un traballo colaborativo
eficiente e rápido, que é un dos principais obxectivos. Na clase
comentamos que podiamos utilizalo para que escriban as palabras dunha
categoría que coñezan ("food", "pieces of clothing",
"flowers", "animals"...). Pero a verdade é que
as aplicacións deste recurso son inesgotables: podemos propoñerlles
actividades en grupo nas que teñan que describir como se sentirían
se lles pasase algo en concreto (por exemplo: "how would you
feel if you were on a plane and there was a child crying and
screaming?" ou "how would you feel if you had the ability
to read minds?"), o que poden facer nun sitio determinado ("name
activities you can do in a museum", "activities you can do
on a park"...). E ademais, hasta permite facer concursos nos
que o grupo que máis palabras escriba leve unha "recompensa".
A competitividade sana pode chegar a ser unha grande aliada do
docente de idiomas ao tratar con adolescentes, xa que os motiva máis
a participar.
Por último xa, acabamos por falar das actividades de bellwork,
que son aquelas que podemos
levar á práctica cando rematamos a explicación dunha sesión e nos
quedan uns minutos libres antes de que toque o timbre. Debido a isto,
teñen que ser actividades rápidas e que capten a atención dos
rapaces. Unha das que pensei que podería ser divertida sería un
xogo tipo "Taboo" ou "Heads Up" . A verdade é
que foron dous exemplos de actividades que utilicei tanto con nenos
como con adolescentes coas que máis respondían e participaban. E,
por suposto, son moi divertidas porque permiten que se expresen
mediante xestos ou outras palabras (dependendo do nivel de
dificultade e da idade, no meu caso), de xeito que todos pasamos un
bo momento. Outra destas actividades é a que eu coñezo por
"Scattergories" (que
parece ser que tamén se chama "Tutti frutti"), na que se
dá unha letra e varias categorías ("colours", "animals",
"professions", "countries", "brands of
cars", "names of famous people" ou calquera que se nos
poida ocorrer). Cada alumno (ou cada grupo) debe atopar unha palabra
para cada categoría que comece pola letra indicada. Á hora de
puntuar, o que eu facía era dar 10 puntos por cada palabra que non
saíra repetida, 5 puntos por cada repetida, e 15 puntos se unha
persoa tiña unha palabra nunha categoría na que ninguén máis
atopara unha. E xa para rematar, outra actividade de bellwork
que usei e que quizais aquí non sexa tan coñecida é o "Boggle"
ou "Wordshake", do que deixo no enlace unha versión online.
É un xogo no que hai unha serie de letras e hai que intentar facer o
maior número de palabras usando a maior cantidade de letras
posibles. Ao seren xogos rápidos e que non precisan de moito
material, poden ser perfectos para eses momentos onde precisamos
extender a clase un pouco máis.
Moi bo resumo da sesión. Só unha apreciación, os xogos tipo boggle o wordshake non valen como bellwork porque tes que levalo contigo, repartilo, explicarllo... non levan uns minutos, son actividades para ocupar máis tempo de clase.
ResponderEliminar