Que
actualmente vivimos nun mundo globalizado é unha realidade cada vez
máis latente no noso día a día: dende a China ata o último
recuncho do profundo Brasil, estamos conectados dunha maneira directa
e rápida. Esta conexión é un dos principios polos que se rexe a
Unión Europea, que ao percibir esta necesidade de acercamento e
comunicación entre os distintos países próximos estableceu unha
Europa sen fronteiras interiores onde se permite a libre circulación
de capital, mercadorías, servizos e incluso persoas. Esta liberdade
de movilidade tradúcese nunha crecente necesidade de que os cidadáns
europeos de adapten aos diferentes países, o que implica tamén
aprender diversos idiomas. Ante as diferentes escalas de medición da
competencia ingüística que habia nos países da UE, xorde o Marco
Común Europeo de Referencia para as Linguas (tamén coñecido polas
súas siglas, MCERL), que é un documento que recolle o estándar
europeo para medir o coñocemento dos usuarios dun idioma en relación
coa súa habilidade para comunicarse e comprender.
O
marco establece unha medida da competencia nun idioma en escalas
graduais (de menor a maior), de xeito que no nivel A (dividido en A1
e A2) atópanse os usuarios básicos; no nivel B (B1 e B2) estarían
os usuarios independentes ou intermedios e no nivel C (C1 e C2), os
usuarios avanzados ou competentes. Nun principio, neste documento
déixase constancia de que desde a Unión Europea priorízanse a
expresión e comprensión oral dos alumnos fronte á expresión e
comprensión escrita. Isto pode deberse ao feito de que se intenta
aproximar o proceso de adquisición dunha lingua estranxeira ao
proceso de aprendizaxe da lingua nativa: os cativos cando empezan a
aprender a comunicarse non o fan por escrito, senón mediante a fala.
Por
esta banda, poderiamos dicir que o MCERL está enfocado entón a que
os estudantes poidan desenvolverse progresivamente no idioma ata
chegar ao punto de ser capaces de comunicarse con fluidez en calquera
situación posible de maneira independente. Esta pode ser unha visión
positiva, xa que ten en conta a evolución do proceso de aprendizaxe
do alumnado. Ademais, dende o punto de vista práctico, para o
conxunto dos países que forman a Unión Europea é moito máis fácil
seguir o recollido no marco e intentar homologar deste xeito os
niveis de idioma, xa que proporciona unhas pautas xerais e un modelo
de aprendizaxe adaptable a tódolos países que permite a creación
dun estándar e favorece a movilidade dos estudantes. Porén, tamén
crea a necesidade de que os novos falantes de linguas estranxeiras se
vexan en certa forma “obrigados” a pasar un exame que indique o
nivel de idioma que dominan se queren que se lles recoñeza noutro
país. Actualmente, mo mundo plurilingüe e multicultural no que
vivimos, é case imprescindible realizar estes exames externos para
poder atopar un posto en calquera empresa, polo que se xera un
negocio arredor do recoñecemento do nivel de idioma.
Algo
a ter en consideración no sistema educativo español é que, aínda
que se vén intentando mellorar este aspecto, as probas de
comprensión e expresión oral non son de carácer obrigatorio ao
longo da educación secundaria, e nin sequera se realizan no
bacharelato ou na selectividade. Visto isto, as clases de lingua
estranxeira sempre foron encamiñadas a que os alumnos coñecesen a
gramática do idioma e a mellorar a expresión escrita, pero
olvidámonos da parte importante que se recolle no marco: a idea de
que é importante mellorar a oralidade. Deste xeito, casi poderiamos
dicir que as clases de lingua están encamiñadas a que o alumnado
pase os exames, pero non a que aprenda un idioma de maneira duradeira
e se poida comunicar con el. A práctica contradice á teoría neste
caso en particular.
Como
conclusión, cabe destacar que na LOMCE si se recolle que se pretende
mellorar a competencia lingüística do alumnado e o seu coñecemento
de idiomas, mais é suficiente con recoller a vontade do Ministerio
de Educación nun papel? Non será necesatio implementar medidas e
proporcionar os medios precisos para que nas aulas de idiomas se
poida interactuar e mellorar a capacidade comunicativa? O que está
claro é que para asegurar que os estudantes adquiren o nivel de
idioma adecuado para cada nivel educativo coa chegada do MCERL, os
docentes deben preparar ao alumnado non só para as avaliacións
internas do centro, senón tamén para as avaliacións externas dos
examinadores oficiais que recoñecerán o seu nivel. E, por suposto,
faise urxente priorizar e actuar para que o sistema educativo español
(e máis en concreto, o curriculo relacionado coa ensinanza de
idiomas) se adapte ao estipulado no marco para lograr equiparar a
aprendizaxe de linguas estranxeiras nos diferentes países da Unión
Europea.
No hay comentarios:
Publicar un comentario