No segundo tema tratamos o ensino de linguas no modelo educativo a nivel nacional e autonómico, e tamén debatemos para ofrecer unha visión xeral sobre o ensino de linguas en España e Galicia nos niveis obrigatorio, post-obrigatorio e nas ensinanzas de réxime especial. Neste sentido, cobran grande valor os contextos de aprendizaxe, que poderían dividirse en interno e externo. Con contexto interno referímonos ás políticas educativas creadas e levadas a cabo polas institucións, xa proveñan de España e do Ministerio de Educación, da Unión Europea ou das comunidades autónomas. Dentro do contexto externo poderiamos incluír toda unha serie de factores que son alleos aos sistema, como por exemplo o contexto persoal de cada alumno, a súa motivación por aprender, e, en definitiva, o contexto familiar, económico, social e cultural dos estudantes.
Dentro do contexto interno entraría a lei de educación vixente en España, que vai ser o tema que nos ocupe nestas liñas. Con respecto á lexislación española en materia de educación, o noso país destacou noso país
destacou sempre
por
contar
cunha
cambiante política educativa, suxeita ó control do goberno. Aquí
impera a visión da educación como un tema político, de xeito que
cada vez que o goberno cambia, así o fai tamén a lexislación
educativa; non en van, somos un dos países europeos que máis
cambios aplicou
neste ámbito nun
periodo de tempo relativamente curto (sendo
esta a séptima lei de educación que se aplica nos últimos 25
anos).
A
LOMCE é
a
lei vixente actualmente no Estado español en materia de educación.
O seu
obxectivo principal
é, segundo os seus defensores, a mellora da calidade educativa e
a
promoción
do
plurilingüismo nas aulas;
porén, a súa entrada en vigor contou coa oposición da maior parte
da comunidade educativa. Cabe
destacar que, dende o punto de vista das linguas, a teoría que
recolle a LOMCE é pouco
defensora das linguas cooficiais e bastante
utópica no caso das linguas estranxeiras. A
continuación explicaremos a razón: nun
primeiro momento xurdiu a polémica a raíz de que se pasase a
considerar as linguas cooficiais (galego, catalán e vasco) como
asignaturas de libre configuración autonómica, polo que non só se
lles resta carga horaria, senón que se lle permite á autonomía
establecer os contidos da asignatura e a súa oferta. En
consecuencia, pode considerarse que a obligatoriedade de cursar as
dúas linguas cooficiais en Galicia, por exemplo, se ve comprometida.
No tocante ó ensino das linguas estranxeiras, recoñécese que son
unha das debilidades do sistema educativo español e proponse facer
fronte a ela incluíndo unha segunda lingua estranxeira, ademais de
considerar a primera como asignatura troncal.
O
positivo que podemos extraer desta lei entón é o recoñecemento de
que os estudantes non se desenvolven con fluidez no idioma, mais para
que isto ocorrese debería cambiarse o plantexamento dos obxectivos
na ensinanza das linguas e orientar o seu ensino cara a capacidade
comunicativa do alumno, non a pasar un exame de gramática. As
medidas que se propoñen, en consecuencia, non son suficientes para
mellorar a competencia comunicativa do alumnado nas linguas
estranxeiras.
Ademais, no que se refiere ó ensino da lingua estranxeira na educación secundaria, preséntanse certos desafios en cantos ás competencias que se deben desenvolver nas clases, xa que o marco só recolle as competencias específicas de lingua e as competencias comunicativas para cada nivel; pero ademais, de acordo coa LOMCE tamén se inclúen competencias transversais que hai que traballar. Por exemplo, a competencia matemática, a sensibilidade ás expresións culturais ou a competencia tecnolóxica son outras das que se deben tratar nas cñases de lingua, o que complica e limita tanto o tempo que hai que adicar a cada cousa, coma o material que poden utilizar os docentes. Ademais destas competencias debemos transmitirlles uns valores coa finalidade de crear unha sociedade tolerante, xusta, responsable, solidaria e igual;
pero sempre sen olvidar que tamén deben alcanzar os obxectivos que
se esperan para cada curso no escaso tempo de clase.
E
para demostrar que cumplen estes obxectivos académicos, os alumnos
tamén fan fronte a avaliacións internas (realizadas polo docente
que imparte a materia) e externas (de carácer oficial, recoñecen o
nivel lingüístico do
idioma).
En
definitiva, o modelo de ensino de linguas en España, tanto a nivel
estatal coma a nivel das comunidades autónomas, non é o adecuado
para lograr que os alumnos teñan unha competencia comunicativa
básica no idioma estranxeiro. Aínda que na LOMCE se introducen
algunhas vías de mellora, estas intencións non se reflicten na
realidade das aulas, xa que non se especifican medidas que permitan
aumentar, por exemplo, a expresión e a comprensión oral do
alumnado. Isto fai que as clases se enfoquen doutra maneira e que se
perpetúe un modelo de ensinanza centrado na gramática, máis que na
interacción e a comunicación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario