lunes, 30 de enero de 2017

Actividade con fotografías

A seguinte actividade está pensada para ser realizada ao comezo do curso cun grupo de 3º de ESO. Con ela traballaremos a competencia en comunicación lingüística, a competencia matemática e a de aprender a aprender. Para desenvolver estas competencias, a actividade estaría centrada nunha fotografía sobre a que os alumnos traballarán. A nosa proposta é a seguinte:

1. Para empezar, realizaremos unha pequena actividade de warming-up enfocada a que os alumnos se solten e gañen confianza para falar. Darémoslles tres afirmacións sobre o docente para que escollan cal é a verdadeira, por exemplo:

- Coñecín a unha compañeira de profesión nun barco
- Teño dous cans
- A miña película favorita é Titanic

Terán que facer preguntas entre todos (un máximo de 7 preguntas por afirmación) para descartar as falsas e descubrir a correcta.

2. A continuación mostrámoslles a través do proxector unha foto como mostra de cal era a correcta. A foto sería a seguinte:



A partir de aquí entraremos na actividade principal, na que os alumnos deben adiviñar como están relacionadas as persoas que saen na imaxe. Para isto, dividiremos a clase en grupos de 4 e mostrarémoslles a fotografía uns 10 segundos. Seguidamente, deben describir todo o que recorden dela nos grupos e plantexar as preguntas que se farán despois para poder adiviñar como están relacionadas as persoas que aparecen nela e quen son. Deberán escribir 3 preguntas nun folio en branco e esas serán as súas preguntas finais. Tras 5 minutos de debate, empezará unha primeira rolda de preguntas (1 por cada grupo de clase) destinada a obter a información que necesitan saber. A actividade continuará deste xeito ata un máximo de 3 roldas. O equipo que consiga a información será o gañador e recibirá unha recompensa (por exemplo, unha larpeirada).

3. Como actividade final para a clase, reflexionaremos sobre as preguntas que fixeron e por que lles serviron ou non para conseguir a información. Podemos facerlles preguntas do tipo: “que outras preguntas podíades ter feito para conseguir a solución antes?” ou “por que credes que as vosas preguntas serviron para conseguir a información?”

4. Finalmente, como actividade de follow-up o alumnado terá que buscar na casa uha fotografía na que saian cun amigo ou persoa cercana a eles e deberán facer unha redacción sobre ella, na que se poden influír as seguintes cuestións: “como vos coñecestes? Que estabas facendo no momento no que tiraron a foto?”. Tamén poden escribir algún recordo que teñan con esa persoa.

Como aportación persoal, unha das actividades que tamén poderiamos realizar na clase sería a comparación desa foto con outra foto máis familiar, por exemplo, esta:



Neste caso, fariamos unha lista de semellanzas e diferenzas entre todos, que o docente iría escribindo na pizarra.

2 comentarios:

  1. Moi boa actividade. A que suxires como follow up tamén se presta a facer unha actividade de expresión opral en clase, de tipo "show and tell". Este tipo de actividades pódense facer con frecuencia e son boas tamén para usar na avaliación da expresión oral.

    ResponderEliminar
  2. Estupendo o plantexamento. vaite levar máis de unha sesión, pero dese xeito poden participar oralmente maís alumnos.

    ResponderEliminar